A candidatura de Xosé Neira Vilas colle forza para seren o homenaxeado no Día das Letras 2027

A Real Academia Galega celebra este mércores  o pleno ordinario no que os académicos e académicas de número elixirán a figura á que a institución lle dedicará o Día das Letras Galegas 2027. As candidaturas que se formalizaron son dúas: a de Constantino García González (Oviedo, 1927-Santiago de Compostela, 2008) e a de Xosé Neira Vilas (Vila de Cruces, 1928-2015) aínda que nas últimas horas trascendeu que esta última contaría con máis apoios.

A sesión plenaria celebrarase no Salón Vermello do pazo municipal de María Pita (A Coruña) a partir das 11 horas.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego