A partir deste sábado, 8 de xullo, a Associaçom Galega da Língua, a AGAL, contará cunha nova presidencia. O cargo que desde o 2015 viña desenvolvendo Eduardo Maragoto pasará previsiblemente a Jon Amil, que encabeza a única candidatura baixo o nome ‘A nossa língua comum‘.
O acto terá lugar o sábado ás 12.30 horas no auditorio do Museo do Pobo Galego logo da celebración dunha asemblea ordinaria. Como peche final, as socias e socios da AGAL participarán nun xantar de convivio.
A candidatura encabezada por Jon Amil conta cun grupo de socias entre as que se encontran varias integrantes do actual Conselho da AGAL como o propio Eduardo Maragoto, João Lousada, Susana Álvarez, Vítor Garabana e novas incorporacións como Manuel Simón Nóvoa, Wika Grygierzec ou Mar Lopes.
A candidatura ‘A nossa língua comum’ busca continuar o proxecto actual da AGAL tanto na aposta pola alternativa binormativista como no reforzo das liñas de traballo nas áreas de formación, edición e comunicación. Como novidades, a proposta inclúe a vontade de incluír o colectivo LGBTQI+ e comprométese a eliminar a LGBTIQAfobia do dicionario Estraviz ademais de promover tanto vocabulario como ferramentas lingüísticas nesta liña en colaboració con persoas e asociacións deste colectivo.
A maiores, o novo equipo buscará o aumento da presenza dixital xunto coa creación de contidos para a infancia e a adolescencia.