Grazas a doazón dun particular, o Museo Provincial de Lugo xa pode exhibir ‘a cabeza de Narla’, unha peza arqueolóxica atopada nun castro de Narla (Friol) representativa da cultura castrexa que se amosa por primeira vez ao público.
A primeira referencia que se ten sobre esta peza é do ano 1956 cando Blanco Freijeiro publica en Cuadernos de Estudios Galegos nº 11 o artigo: ‘Cabeza de un castro de Narla’. A doazón abre así mesmo unha nova etapa no estudo e na investigación da peza e da plástica castrexa, a fin de determinar máis polo miúdo as características, paralelismos, cronoloxía ou historia deste ben cultural.