Un ano máis, a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) celebra neste mes de febreiro o Día de Rosalía de Castro. O acto central do Día de Rosalía de Castro terá lugar o sábado 25 de febreiro, ás 12:00 horas, no Panteón de Galegos Ilustres (San Domingos de Bonaval), en Santiago de Compostela baixo o lema ‘Cumpriuse a xustiza’. A lectura do manifesto correrá a cargo de Carme Adán.
Este é o programa previsto:
– Intervención do coro da Asociación Cultural e Musical Solfa.
– Saúda do Presidente da AELG, Cesáreo Sánchez Iglesias.
– Lectura do Manifesto da AELG, pola súa autora, Carme Adán.
– Lectura de poemas rosalianos:
Xosé Ramón Fernández Vázquez (A. C. Solfa)
Susana Peleteiro (Asociación do Traxe Galego)
Xosé Manuel Carril (Federación Galiza Cultura)
Pilar Lueiro García (A. C. O Galo)
Eli Ríos (Comadres das Letras)
María Álvarez Landesa (Comadres das Letras)
Eva Teixeiro (Comadres das Letras)
Carmen Villar (Comadres das Letras)
Susana Méndez Ramos (Secretaría da Muller da CIG)
Beatriz Maceda Abeleira (AELG)
Anxo Angueira (Fundación Rosalía)
– Intervención do coro da Asociación Cultural e Musical Solfa.
– Ofrenda floral.
– Interpretación do Himno Galego polas persoas asistentes.