‘O Diamante Galego‘, un filme realizado por Nós Televisión para a Associaçom Galega da Língua (AGAL) co apoio da Deputación da Coruña, será presentado o vindeiro 14 de febreiro ás 19 horas na Facultade de Económicas de Santiago de Compostela. O documentario aborda as relacións económicas galego-portuguesas coa participación de axentes políticos como Teresa Táboas, Pedro Puy ou Xesús Gamallo; presidentes das cámaras municipais de Tomiño e Cerveira; analistas como Antón Baamonde ou Diego Sande; directores de organismos empresariais e institucionais como António Cunha, Xoán Vázquez Mao e Daniel Palau; e persoas relacionadas co mundo empresarial como José Ramóm Pichel de Imaxin-Software ou Enrique Sáez Ponte, presidente da fundación Juana de Vega e ex-directivo do Banco Pastor.
Un documentario executado por Nós Televisión
O Diamante Galego conta coa presentación do escritor e poeta portugués, Tiago Alves, dirixido por Diego Frey e Roi Ribeira, coa produción executiva de Eduardo Maragoto, cunha fotografía a cargo de Roi Barros e Pío Cribeiro, xunto con Ana Viqueira na voz en off e Nano Besada en gráficos e mapas.
Menos Mal que nos Queda Portugal
‘O Diamante Galego‘ forma parte dun proxecto máis amplo da AGAL chamado ‘Menos Mal que nos Queda Portugal‘ no que abordan as vantaxes do galego-portugués nos ámbitos económico e laboral.