O 17 de decembro Associaçom Galega da Língua (AGAL) organiza unha lectura pública e continuada da obra ‘Ensaio sobre a cegueira de José Saramago’. Na lectura, que comezará ás 9.30 horas no CGAC, en Compostela, e rematará ás 23.30 horas, participan persoeiros como o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, a historiadora Encarna Otero ou a cineasta Margarita Ledo Andión. No acto estará a viúva do escritor homeageado, Pilar del Río.
O presidente da AGAL, Eduardo Maragoto, detallaba no último programa de ‘Galego de todo o Mundo’ de Nós Televisión como se pode ler o portugués con pronuncia galega valéndose do propio exemplo de Saramago.
A AGAL agasallará ás persoas que participen da lectura cunha camisola realizada de forma exclusiva para a homenaxe, cunha frase que nos leva novamente ao homenaxeado: “Se podes olhar, vê. Se podes ver, repara”.