A AELG convoca a sociedade galega a celebrar este 21 de marzo o Día Internacional da Poesía, baixo o lema: Autoras pola paz e contra a violencia, a través de calquera forma de creación e divulgación literaria ou artística en galego. Animan tamén a que todas estas creacións sexan etiquetadas nas redes sociais co cancelo #Autoraspolapazecontraaviolencia.