Home Programas Área Compostela O alcalde de Santiago reclama compromisos reais para coa nova depuradora

O alcalde de Santiago reclama compromisos reais para coa nova depuradora

0
O alcalde de Santiago reclama compromisos reais para coa nova depuradora

O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e o director de Augas de Galicia, Roberto Rodríguez, participaron hoxe na presentación dun novo sistema de monotorización creado pola USC na Planta Depuradora da Silvouta. Roberto Rodríguez asegurou que a Xunta está en conversas co goberno español desde antes do verán para concretar a realización dunha nova depuradora.

Martiño Noriega manifestou no acto e logo diante das cámaras de Nós Televisón que a cidade necesita unha nova depuradora e reclamou compromisos reais.

O proxecto presentado realizouse coa colaboración de Concello de Santiago, Augas de Galicia, a USC e Viaqua, a empresa concesionaria do servizo, e realizará un seguimento do caudal e dos sistemas técnicos de depuración.