Hai 200 anos naceu na parroquia de Berres, Avelina Valladares. Para celebrar este aniversario, o Concello da Estrada decidiu declarar este 2025 como Ano Cultural Avelina Valladares, co obxectivo de dar a coñecer máis esta figura e poñer o foco na importancia desta poeta do rexurdimento galego e compositora musical, que ademais foi das primeiras mulleres en escribir opinión nos xornais. Unha persoa moi interesante ao redor da cal se están a levar a cabo roteiros, coloquios, publicacións especiais e toda unha serie de actividades que poñen luz sobre ela.
Nesta reportaxe abordamos a Avelina Valladares e falamos coa directora do Recuncho da Lingua, Pilar Bermúdez; o alcalde da Estrada, Gonzalo Louzao Dono; o responsable de produción da editorial Galaxia, Xesús Domínguez; e o secretario xeral da Lingua da Xunta, Valentín García.



