O documentario da Associaçom Galega da Língua (AGAL) ‘1981, Ano zero da língua galega‘ xa está dispoñíbel para ver en liña logo da súa estrea o pasado sábado na sala Juanjo Gallo da Deputación da Coruña. O documentario da AGAL aborda os 40 anos de oficialidade do galego da man de Nee Barros que nos acompaña a través do paso das décadas e da amplitude de voces de quen compuxo e compón o camiño do noso idioma.
O documentario ‘1981, Ano zero da língua galega‘ foi realizado por Nós Televisión e contou coa axuda da Deputación da Coruña.