‘1981, Ano zero da língua galega’, estrea este sábado na Coruña

O documentario estará dispoñíbel na plataforma vimeo

A AGAL estreará este sábado, 26 de marzo, na Coruña o documentario ‘1981, Ano zero da língua galega‘ que contou coa axuda da Deputación da Coruña e a realización de Nós Televisión. O documentario da AGAL aborda os 40 anos de oficialidade do galego da man de Nee Barros que nos acompaña a través do paso das décadas e da amplitude de voces de quen compuxo e compón o camiño do noso idioma.

Presentación do documentario

A sala Juanjo Gallo da Deputación da Coruña acollerá este sábado 26 ás 12 horas a presentación deste documentario. No mesmo día da estrea, o documentario estará dispoñíbel na plataforma vimeo.

María Xosé Queizán, Ramón Villares, Alba Nogueira, Eduardo Maragoto, Elvira Souto, Valentín García, Tiago Peres, María Solar, Beatriz Bieites, Manolo Portas, Elias Torres, Ana Miranda, Bernardo Penabade, Henrique Monteagudo, Susana Sánchez Arins, Pilar García Negro e Martinho Montero Santalha son algunhas das persoas que poderás ver neste documentario.

 

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego