A intelectualidade e o compromiso de Manuel García Barros marcou a historia cultural do noso país e, aínda con máis forza, a do seu concello natal, A Estrada. É de xustiza que a súa memoria sexa transmitida ás xeracións máis novas, unha tarefa para o que o tecido cultural e asociativo pide que García Barros sexa recoñecido co Día das Letras Galegas.
Con esta encomenda, e a raíz do 150 aniversario do seu nacemento deste mestre, xornalista, escritor e labrego, viaxamos ata o concello da Estrada. Recíbennos persoas que tecen e sosteñen o legado cultural de García Barros como se trata de Pilar Bernárdez, filóloga e activista que garda vínculos persoais co propio mestre, ou Manuel Loureiro, filólogo, investigador e biógrafo do que tamén foi coñecido polo seu alcume, Ken Keirades.
Agradecementos para a Asociación Cultural Vagalumes pola cesión de material de arquivo para esta peza e o coidado pola transmisión do legado das figuras da Estrada.
Grazas ao IES Manuel García Barros por recibirnos e dedicarnos toda a súa atención.
Esta peza tampouco tería sido posible sen o apoio da Secretaría Xeral de Lingua e o Concello da Estrada.



