15.000 visualizacións nos últimos 28 días. Así é a canle de YouTube de Nós Televisión!

A canle de YouTube reúne reportaxes, entrevistas, programas e documentarios elaborados pola equipa de Nós Televisión. A selección deste contido audiovisual, que xira especialmente arredor da cultura e lingua galegas, é seguida por case 11.000 persoas subscriptoras cun especial interese polas pontes lusófonas. De feito, unha das marcas de identidade máis fortes da canle de Nós Televisión é o seguimento das súas subscriptoras procedentes den Galicia, Portugal e Brasil.

Nos últimos 28 días, esta canle recibiu máis de 15.000 visualizacións e gañou preto de 80 novas subscripcións. De forma paralela a este aumento de subscripcións, séguenlle os fíos de debate que se abren nos comentarios ao pé dos vídeos que tocan temas como o neofalantismo, o papel do territorio galego na lusofonía, o labor e legado de Isaac Alonso Estraviz ou mesmo a fala na Raia. En total, a canle suma máis dun millón de visualizacións. Por iso, Nós Televisión ten a canle de YouTube máis seguida dos medios de comunicación privados galegos e é unha ponte en crecemento entre os países lusófonos. E ti, anímaste a seguir a Nós Televisión?

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego