“A Semente é un espazo onde as crianzas poden ter un pensamento crítico e creativo na súa lingua”, indica Chuma Morais, pai e ativista da Semente. Hai 10 anos foi creada a primeira Semente na Galiza e, dende entón, teceuse unha rede que chega a cinco escolas e arredor de 150 crianzas.
Entramos nas aulas das Escolas de Ensino galego, onde as necesidades e intereses das crianzas constitúen o motor da súa aprendizaxe, a través dun modelo educativo laico, científico e orientado á transformación social. Ves descubrir a Semente connosco?