Home Programas Área Compostela O concello de Santiago promocionará o Samaín tradicional

O concello de Santiago promocionará o Samaín tradicional

0
O concello de Santiago promocionará o Samaín tradicional

A tradición das cabazas e do día de defuntos, o Samaín, estará maís presente ca nunca nestas datas en Compostela. As concellarías de Educación e de Comercio, prepararon unha serie de actividades para promocionar esta festa na nosa cidade. Explicárono en rolda de prensa Manuel Dios e Marta Lois, acompañados polo impulsor do Samaín en Galiza, o mestre Rafael López Loureiro.

As inscricións formalizaranse mediante o envío do formulario online dispoñible na web do Departamento de comercio: comercio.santiagodecompostela.gal. A data tope de inscrición será o día 25 de outubro de 2016.

Manuel Díos salientou a idea do concello para contribuir a recuperar o Samaín no municipio con charlas e obradoiros nos centros escolares e centros socioculturais.
Rafael López Loureiro comentou as dificultades de recuperar esta tradición sen caer nos excesos de festas importadas doutros países. Pola súa banda, Marta Lois informou da realización dun concurso de escaparatismo para que os comercios da cidade participen tamén desta festa.