O campo de Santa Isabel mellorará a súa accesibilidade en dous meses

A Xunta de Goberno aprovou a apertura do procedemento de adxudicación das obras de mellora da accesibilidade no campo de fútbol de Santa Isabel e tamén a do viario dende o cruce. Explicouno o alcalde de Santiago, Martiño Noriega en rolda de prensa. O obxectivo desta mellora é solucionar as deficiencias das instalacións deportivas, fundamentalmente na súa zona sur.

Outro dos asuntos aprovados na xunta semanal do goberno foi aprobación das bases reguladoras correspondentes á creación da Limiar, “Listaxe Municipal de propietarios de edificios residenciais implicados en actuacións para a súa rehabilitación”.

Atlantic Social Lab

Por último a Xunta de Goberno tamén aprobou o proxecto “Atlantic Social Lab”, do que o Concello de Santiago é participe xunto con outras oito cidades europeas. No marco deste programa, Compostela recibirá unha achega de 127.000 euros de fondos europeos que, segundo explicou Martiño Noriega, se destinará ao financiamento dos procesos de Orzamentos Participativos dos dous próximos exercicios.