As familias composteláns rebélanse contra a “desprotección das crianzas en moitos lugares do mundo”

As escolas infantís súmanse ás celebracións do Día da Paz

Sementar as ideas de paz e solidariedade é traballo de todas e todos. As escolas de Educación Infantil de Conxo, As Fontiñas e Meixonfrío-Salgueiriños celebraron, nas instalacións desta última, unha serie de actos conmemorativos do Día Escolar da Non Violencia e da Paz.

Mural realizado pola cativada dos centros neste Día da Paz

“A paz é o camiño”

As escolas infantís súmanse ás celebracións

As cativas e cativos construíron un mural de pombas brancas marcadas coa forma dos seus beizos. Asemade, o concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, incidiu na importancia desta celebración lembrando unhas verbas de Mahatma Gandhi.

Manifesto polo Día da Paz

Pola súa banda, as nais e pais das diferentes escolas procederon á lectura dun manifesto a prol da igualdade e a non discriminación, facendo fincapé na necesidade de imbuír dende idades temperás as ideas de paz e solidariedade. Así e todo, fixeron un chamamento á mobilización cidadá para contribuír á consecución deses obxectivos.

Representación institucional

Para rematar o evento, ao que asistiron representantes de tódalas formacións políticas, ceibáronse deceas de globos e pombas no patio da Escola Municipal de Meixonfrío-Salgueiriños.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego