A variante de Aradas: 7 anos para rematar 1,5 quilómetros

A redacción do proxecto licitouse no 2011 cando Agustín Hernández era conselleiro e podería rematarse a finais deste ano

Unha infraestrutura básica para desconxestionar os barrios compostelás de Vite e Vista Alegre para os vehículos que acceden ao polígono do Tambre desde Santa Comba-Trazo, a denominada variante de Aradas, podería quedar rematada a finais deste ano ou inicios do 2019. A nova soubémola tras unha visita ás obras por parte da conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez e o alcalde de Compostela, Martiño Noriega.

Tarde. Moi tarde. Unha obra comprometida coa cidade

Mália non ser unha obra de grandes dimensións nin cun orzamento fóra do común en relación a outros que move a Xunta de Galicia, a obra tardou sete anos ve a luz posto que a licitación da redacción do proxecto vén do ano 2011 cando era conselleiro Agustín Hernández. A actual conselleira parabenizouse da marcha actual das obras e relacionou o retraso a “temas orzamentarios”.

Segundo datos do concello a variante de Aradas permitirá que uns 4.000 vehículos diarios eviten o seu paso por Compostela e accedan directamente ao polígono do Tambre. A Xunta destina á súa construción un total de 6,9 millóns de euros.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego