Zeca 1972 Galiza

Proximamente en Nós Televisión: 'Zeca 1972 Galiza', o documentario que aborda o vínculo entre o Zeca e o pobo galego

José Manuel Cerqueira Afonso dos Santos, máis coñecido por Zeca Afonso, fai parte da nosa historia. Este vínculo con Galiza non só se forxou a través dos seus concertos, ou das fortes amizades que mantivo no noso país, senón que se tratou dunha conexión  popular e nacional entre o Zeca e o pobo galego.

O 10 de maio de 1972 o Zeca tocou por vez primeira o Grândola no Burgo das Nacións, en Compostela. Ese ano está cheo de forza e de memoria no movemento obreiro galego tanto polo asasinato dos sindicalistas Amador Rey e Daniel Niebla cometido polo día 10 de marzo a mans da policía franquista como da forza da clase traballadora no reclamo de melloras sociais e laborais.

Que relación vai tecendo o Zeca con Galiza? Ten contacto co movemento da canción popular galega? É o Zeca unha influencia na nosa música actual? Proximamente en Nós Televisión: ‘Zeca 1972 Galiza’, unha produción de Nós Televisión coa colaboración de Xarda Cooperativa Galega de Comunicación e a Associaçom José Afonso Galiza.

 

 

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego