![Yolanda Díaz, xunto Comisións Obreiras, denuncia a situación crítica do sector dos coidados Yolanda Díaz, xunto Comisións Obreiras, denuncia a situación crítica do sector dos coidados](https://nostelevision.gal/wp-content/uploads/2019/09/IMG_0067-768x462.jpg)
Comisións Obreiras (CCOO) insta a que se forme “canto antes” un novo Goberno no Estado para cubrir as necesidades do sistema sanitario público. Representantes do sindicato tiveron hoxe en Santiago de Compostela unha xuntanza co Grupo Común da Esquerda e Galicia en Común, encontro no que tamén se falou da atención ás persoas dependentes e do financiamento do sistema sanitario. Denuncian que, nestes momentos, hai 300.000 persoas dependentes sen recibir prestación algunha.
“Estamos a falar de competencias estatais. Dentro destas competencias, no que atinxe a recualificación da propia formación e da clasificación profesional, presentamos iniciativas no Congreso, tanto cando gobernaba Rajoy como Sánchez”, afirmou Yolanda Díaz, que engadiu que “da tristura ver que xogan con isto goberne quen goberne”.