Home Programas Espazo Aberto Yolanda Díaz e Gómez-Reino,”perplexos” ante a súa imputación

Yolanda Díaz e Gómez-Reino,”perplexos” ante a súa imputación

0
Yolanda Díaz e Gómez-Reino,”perplexos” ante a súa imputación

O xulgado de instrución nº25 de Madrid citou a Antón Gómez Reino e Yolanda Díaz, deputados de Galicia en Común, por un presunto atentado contra a autoridade por unha mobilización dos traballadores de Alcoa no Congreso dos Deputados. Tamén investigan a Rafa Mayoral, de Podemos e á ex-parlamentaria galega Ánxela Rodríguez.

Mayoral, Díaz e Gómez Reino compareceron en rolda de prensa: “Non entendemos nin a imputación dos traballadores nin a nosa.” Ademais, saíron en defensa dos traballadores, que “non merecen ser denunciados por defender os seus dereitos, especialmente na situación na que se atopaba Alcoa. Os traballadores deron un exemplo de movilizacion pola inacción do Goberno.”

O Grupo Confederal solicitou a comparecencia do Ministro de Interior sobre os motivos da denuncia polos feitos acontecidos o 28 de marzo na concentración celebrada fronte ao Congreso dos Diputados.