Home Programas Área Compostela O XXXV Outono Fotográfico traerá seis exposicións aos Centros Socioculturais de Compostela

O XXXV Outono Fotográfico traerá seis exposicións aos Centros Socioculturais de Compostela

0
O XXXV Outono Fotográfico traerá seis exposicións aos Centros Socioculturais de Compostela

A imaxe fotográfica vive un dos seus mellores momentos. Afirmouno Xosé Lois Vázquez, director do Outono Fotográfico na presentación deste ano que ofrece seis exposicións noutros tantos centros socioculturais de Compostela ao longo deste mes de novembro. Na rolda estivo acompañado concelleira de Políticas Sociais, Diversidade, Saúde e Centros Cívicos, Concha Fernández.

As mostras deste Outono Fotográfico pódense ver ata o 30 de novembro en seis centros socioculturais: Antón Varela no CSC do Castiñeiriño, Igor Calvo no de Conxo, José Alves no da Trisca, Teresa Charlín no das Fontiñas; Javier Herrero Valle no do Ensanche e Ángeles Carballo no de Vite.