A sustentabilitade centrará a XXXI Semana Cultural de Conxo. A edición deste ano presentouna en rolda de prensa no Pazo de Raxoi Concha Fernández, concelleira de Políticas Sociais, acompañada de Xulio Noya, técnico do CSC de Conxo. A edil sinalou a característica propia dun barrio moi activo que este ano quixo falar dun tema tan de actualidade para a nosa sociedade.
Nesta semana cultural tamén haberá conferencias como as do biólogo Xurxo Mariño ou a de Miguel Pardellas, experto en medio ambiente.

Esta edición comeza o día 5 de setembro e remata o 9. Ademais, ata o día 26 de setembro, haberá unha exposición sobre comercio xusto organizada por Panxea.