A Xustiza arquiva a causa aberta a Jorge Duarte polos expedientes a varios locais de hostalería. O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e o concelleiro Jorge Duarte informaron en rolda de prensa da decisión xudicial. Ambos fixeron unha primeira valoración desta decisión xudicial.

Rematan as dúbidas: Jorge Duarte non cometeu ningún delito de prevaricación

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

“O Goberno actuou buscando a máxima seguridade xurídica”

Martiño Noriega agradeceu a posición dalgúns partidos e persoas e criticou o que denominou “un xuizo paralelo”. Pola súa parte, o concelleiro implicado, Jorge Duarte, reiterou que sempre tivo a conciencia tranquila e que procurou, en todo momento, a “búsqueda da máxima seguridade xurídica”.

Duarte volve asumir as competencias

O alcalde de Santiago anunciou que Jorge Duarte voltará a ter as Áreas que tiña e que se distribuiron entre outras concellarías mentres tiña lugar estas actuacións da xustiza.

Jorge Duarte: “Nove meses difíciles nos que me vin sometido a un xuízo pararelo”

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -