A semana pasada, o presidente da Xunta facía unha dura crítica aos medios dixitais, aos que acusou entre outras cousas de atacar á democracia representativa e de fratricidas. Ante estas declaracións falamos co director de medio online Galicia Confidencial, Xurxo Salgado, que considera que isto “amosa o apoio absoluto da Xunta aos medios tradicionais”.
Alén diso, tamén aclarou que “nós competimos cos medios tradicionais nas mesmas condicións xornalísticas, pero non no tocante a medios e subvencións”, chamando a atención sobre o pouco apoio e visualización das administracións cara os novos medios de comunicación.