Xurxo Salgado: “Estamos diante dun Amio II”

O Director de Galicia Confidencial tira de memoria para dar a súa opinión sobre o Plenario de En Marea desta fin de semana

Un dos medios que seguiu o desenvolvemento do Plenario de En Marea foi xornal dixital Galicia Confidencial. Para Xurxo Salgado, o seu director, o encontro que tivo lugar o sábado na Facultade de Económicas deixa “un futuro incerto” para En Marea. Pensa que a situación “repítese” na esquerda galega pasados os anos, e fala por experiencia.

- Publicidade -

“É un Amio II”, exemplifica lembrando a asemblea que deu paso á división dentro do BNG en 2012 e que el mesmo cubriu nesa ocasión. Salgado vai máis alá e afirma a Nós Televisión que “pode haber fractura en En Marea”. En todo caso sinala que haberá que agardar ás eleccións ao Consello das Mareas, máximo órgano de dirección do partido instrumental.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego