A Xunta de Goberno aproba diversos convenios con entidades sociais

A primeira tenente de alcalde, María Rozas, exerceu hoxe de portavoz da Xunta de Goberno na habitual rolda de prensa posterior para dar conta dos asuntos tratados. A edil informou que se aprovaron diversos convenios con entidades como o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, Cáritas Diocesana, Cruz Roja e a Plataforma polo Emprego-Foro de Inmigración 2017.

Comedor escolar

Tamén se aprobou nesta Xunta de Goberno o texto de convenio ente a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o Concello de Santiago para xestionar o servizo de comedor escolar en nove centros de ensino público de Compostela.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

Ademais, María Rozas informou da aprobación da proposta de ampliación do prazo de execución das obras do local destinado á Casa da Muller, que será ata o 15 de xuño.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -