A Xunta de Goberno de hoxe acordou a adxudicación de tres locais da nave 5 da Praza de Abastos. O alcalde lembrou que no procedemento houbo máis solicitudes, que tiveron que ser rexeitadas por erros de forma á hora de presentar a documentación por parte dos interesados. Martiño Noriega explicou que se abrirá un novo procedemento para adxudicar os locais que quedaron pendentes, e amosouse convencido de que todos os establecementos dispoñibles serán finalmente ocupados.
Tamén aprobou os convenios de colaboración entre o Concello de Santiago e as asociacións culturais Cidade Vella e Tempo con Xeito para o último trimestre do ano. Estes acordos enmárcanse na liña de colaboración entre concello e locais de hostalería.
Outra das propostas aprobadas foi á co concelleiro de Medio Ambiente pola que se abre un procedemento de adxudicación aberto para cubrir o servizo de intervención e recollida de animais abandonados ou perdidos no municipio.