“Somos o referente cultural do noroeste peninsular”, afirma Xulio Ferreiro tras catro anos na alcaldía da Coruña e concorrer nestas eleccións municipais novamente como candidato da Marea Atlántica á Alcaldía. Ferreiro conta á cámara de Nós Televisión os principais desafíos que ve no horizonte da cidade que quere construír e as dificultades que, segundo sostén, se atopou no liderado do goberno municipal. En concreto, apunta a un PSOE “que foi muleta do PP” e destaca: “sei onde teño que mirar, o bloque progresista ten moito que decir nas grandes cuestións da cidade“.

 

 

- Publicidade -