.@XulioFerreiro valorou esta mañá o resultado dos debates no seo de Compostela Aberta sobre a necesidade de "relanzar" En Marea. "É unha evidencia que hai cousas mellorables" pic.twitter.com/FRTpxoS2Z7
— Nós Televisión (@NosTelevision) July 12, 2018
O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, valorou esta mesma mañá os resultados dos debates producidos no serán de onte no seo de Compostela Aberta sobre a reformulación do “espazo de unidade popular” galego.
Ferreiro deixou claro que terán que debater no seo da Marea Atlántica o documento aprobado onte en Compostela. Porén, evidenciou que a candidatura paralela a Ferrol en Común e que conta coa apoio de persoas vinculadas á dirección de En Marea, sentou un mal precedente dentro do espazo político de “unidade popular”