Xulio Ferreiro: “Cando dicimos que estamos do lado do mantemento da cantidade e a calidade do emprego, dicímolo en serio”

A folga quedou desconvocada logo do acordo acadado grazas á intervención da comisión municipal encabezada por María García, concelleira de Medio Ambiente

Logo do anuncio da desconvocatoria de folga tralo acordo acadado entre a comisión municipal para a resolución do conflito e o sindicato convocante da protesta, o alcalde da Coruña asegurou que “é unha moi boa noticia para o conxunto da cidade, especialmente nestas datas nas que A Coruña bule de actividade, co festival Noroeste e o resto da programación das festas de María Pita, así como coa visita de milleiros de persoas, un acordo que demostra, máis alá dese beneficio obxectivo evidente para a cidade, que este é un goberno de palabra, e que cando dicimos que estamos do lado do mantemento da cantidade e a calidade do emprego, dicímolo en serio. Este acordo é unha boa proba“.

- Publicidade -

https://nostelevision.gal/preacordo-goberno-local-traballadores-evitaria-folga-na-limpeza-recollida-lixo-na-coruna/

Xulio Ferreiro “A resolución do conflito é unha moi boa nova para a cidade”

O alcalde salientou o traballo que realizou esta comisión encabezada pola responsable municipal de Medio Ambiente, María García, para a resolución do conflito entre empresa e traballadores e traballadoras.

A prioridade é coidar o espazo público

Xulio Ferreiro tamén sinalou que o coidado do espazo público “é unha prioridade para este goberno, que fai o seu traballo, tal e como demostrou con todos os reforzos postos en marcha para mellorar a limpeza e o coidado do espazo público, pero é tamén unha responsabilidade que hai que compartir por todos e todas“.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego