“Marcho sendo en esencia o mesmo que entrei”, sostivo un Xulio Ferreiro emocionado que anunciou ante os medios de comunicación a súa renuncia á acta como edil despois de perder as eleccións municipais do pasado 26M. Nas urnas, as e os coruñeses déronlle 9 edís ao PP, 9 ao PSOE, 6 Marea Atlántica, 2 BNG e 1 Ciudadanos polo que a socialista Inés Rey se perfila como futura alcaldesa da cidade herculina.

- Publicidade -

O abandono de Ferreiro deixa prácticamente o peso da Marea Atlántica sobre os ombros do seu principal asesor Iago Martínez para quen tamén tivo palabras. “Agardo ser, a partir de agora, eu quen te axude a ti”. Aínda así preferíu non afondar sobre o futuro da Marea Atlántica. “Decido dar un paso atrás e non vou facer declaracións públcias que condicionen o futuro da Marea Atlántica”, sostivo.

Preguntado sobre o proxecto político das mareas, Xulio Ferreiro foi contundente na súa resposta: “Non o fixemos ben”. “Non viñamos para mirar para adentro nin para pelexarnos entre nós senón a solucionar as cousas á xente”, dixo. “Toca sufrir unha derrota electoral” e tamén toca “recompoñer o espazo político”. Finalizou a comparecencia sostendo que agora “máis que nunca cómpre xenerosidade, altura de miras e sumar”

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego