Neste primeiro luns como alcalde de Santiago, Sánchez Bugallo presentou os cargos de cada concelleiro e concelleira. Para el resérvase a área de Promoción e Desenvolvemento Económico e explica o por que: “é unha área que me gusta e ademais xa traballei nela en cooperación con algunha vila portuguesa”. Bugallo di que Compostela debe aprender do Eixo Atlántico e adoptar o modelo turístico e económico.

Os novos concelleiros e concelleiras son: Mercedes Rosón Ferreiro (Concellaría de Urbanismo, Vivenda e Cidade histórica e Concellaría de Acción Cultural), Gumersindo Guinarte Cabada (Concellaría de Presidencia, Relacións Institucionais, Turismo e Delegado do Ano Santo 2021), María Milagros Castro Sánchez (Concellaría de Políticas Sociais e Saúde e Concellaría de Medio Ambiente, Parques e Xardíns), Gonzalo Muíños Sánchez (Concellaría de Mobilidade e Seguridade cidadán e Concellaría de Festas), Marta Abal Rodríguez (Concellaría de Economía e Facenda, Persoal, Contratación e Modernización da Administración Local), José Manuel Pichel Patiño (Concellaría de Medio Rural), Noa Susana Díaz Varela (Concellaría de Educación, Mocidade e Concellaría de Políticas de Igualdade e Políticas Lingüísticas), José Javier Fernández Martínez (Concellaría de Centros Socioculturais e Concellaría de Barrios e Obras) e María Esther Pedrosa Carrete (Concellaría de Deportes e Benestar Animal).

- Publicidade -