Xosé Mexuto “En Monte Pio seguiron con complacencia o Plenario”

O director de Sermos Galiza pensa que é “indescifrable” o que está acontecendo con En Marea

O Plenario de En Marea que tivo lugar este pasado sábado en Compostela preveuse tenso e así foi. O director de Sermos Galiza, Xosé Mexuto, sinala a Nós Televisión que lle resultou “dificil” seguir o encontro de En Marea. “É indescifrable”.

- Publicidade -

Na súa opinión hai unha “ruptura interna” dentro da formación “e non houbo dimisión de Villares pola cercanía das primarias”. Mexuto fala de “tensión” dentro de En Marea e refírese deste xeito ao que estarán pensando desde o PP: “En Monte Pío seguiron con complacencia o desenvolvemento do Plenario”.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego