I Xornadas sobre Persoas sen teito en Compostela

A concelleira de Políticas Sociais, Diversidade e Saúde, Concha Fernández, presentou en rolda de prensa a I Xornada sobre a situación das persoas sen fogar, que se celebrará este xoves 27 de outubro no Salón de Actos da Facultade de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela.

Na rolda de prensa tamén participaron as entidades que forman parte da Mesa de Traballo para o estudo da situación das persoas sen teito. Santiago López Insua, coordinador de Cruz Vermella en Santiago; Patricia Camiña, responsable do Centro Vieiro de Cáritas en Compostela; Esther Seoane, directora da Cociña Económica; e Antonio Hernández, director de Feafes Galicia.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

Segundo un estudo realizado por RAIS Fundación para Fundación ONCE o perfil das persoas sen fogar é o dun home –o 90% son homes fronte a un 10% de mulleres- de 58 anos de esperanza media de vida, e uns 42 anos de media de idade. O 50% teñen fillos e o 44,5% leva mais de tres anos sen aloxamento propio. O 54% son españois, o 50% busca traballo, o 60% ten estudios de educación secundaria e o 12% estudos superiores. O 50% foi vítima dalgún delito ou agresión, o 20% non teñen tarxeta sanitaria e polo menos un 23% teñen algún tipo de discapacidade.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -