Desde o inicio da xornada sucedéronse as intervencións, mesmo por parte de asistentes á mesma como foi o caso do recoñecido activista social Lagarder Danciu, que reivindicou que se empregaran as numerosas propiedades da Igrexa en Santiago para dar fogar ás persoas sen teito.
Compostela acolleu por vez primeira un encontro para tratar da problemática social das persoas sen teito na cidade. Trátase da I Xornada sobre as persoas sen fogar en Compostela que inaugurou esta mesma mañá o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, acompañado pola concelleira Concha Fernández no salón de actos da Facultade de Filosofía da USC. Nas intervencións institucionais que abriron as xornadas reiterouse o compromiso do goberno municipal coa loita contra esta problemática.
O Alcalde de Santiago, Martiño Noriega, participou no acto de inicio das xornadas
.@martinhonoriega participou do inicio da “Xornada sobre as persoas sen fogar” https://t.co/Vz1t47CPVv #dignidade pic.twitter.com/nijkO0wEZN
— Nós Televisión (@NosTelevision) 27 outubro 2016
A segunda das intervención da xornada de hoxe correu a cargo de José Manuel Caballol, director da RAIS Fundación, entidade que loita contra a exclusión social e que falou do modelo housing first.
Nesta I Xornada ademais puideron coñecerse as experiencias doutras entidades como Boa Vida Inclusión Activa, de Pontevedra, Arrels Fundació, o Foro Educativo Os Ninguéns, ou Médicos do Mundo Cruz Vermella Santiago, FEAFES Galicia, Cáritas Diocesana de Santiago, o Albergue de Xoán XXIII e a Cociña Económica de Santiago.