O Concello de Ames, a través da Concellaría de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, organizou o pasado martes 10 de outubro unha xornada informativa que, con nome de “Muller, decide o teu futuro laboral”, propiciou a procura de emprego activo neste sector da poboación. Na actividade participaron tamén o Centro de Información á Muller (CIM) e a Concellaría de Promoción Económica. A edil Luisa Feijóo estivo presente na actividade xunto á directora do CIM e o técnico de Promoción Económica.
Orientación laboral para mulleres
Diante das participantes, preto de 50 mulleres, explicou que “a finalidade desta xornada é informar a todas as mulleres que estades interesadas acerca de alternativas e técnicas que vos poidan axudar a mellorar a vosa empregabilidade e que sirvan tamén para fomentar o emprendemento”. Por este motivo se lles orientou en apartados prácticos como sobre como realizar un curriculum máis eficaz ou desenvolver habilidades comunicativas para preparar entrevistas de traballo.