O concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, e o xefe dos Bombeiros de Santiago, Xesús Martínez, presentaron hoxe en rolda de prensa no Pazo de Raxoi as actividades que lembrarán ao patrón deste corpo e que terán como centro unha xornada de portas abertas este sábado. O xefe dos Bombeiros de Santiago, Xesús Martínez, fixo balance das intervencións realizadas polo corpo o ano pasado.
Prevención e formación
A vixilancia e a prevención son as intervencións que máis salientan nas estatísticas segundo o xefe de bombeiros.
Os Bombeiros de Santiago apostan pola prevención e a formación https://t.co/vxKNhcrx9S pic.twitter.com/lY6kK3gFZY
— Nós Televisión (@NosTelevision) 02 marzo 2017
O ano pasado os bombeiros rexistraron tamén 143 saídas para traballos relacionados con limpeza de calzadas, 94 por incendios urbanos, 26 por incendios en contedores, 21 por lumes forestais, e 13 por incendios en vehículos. Por inundacións, o corpo tipo que realizar 34 saídas e 30 por caídas de árbores.