O persoal da Atención Primaria de toda Galicia vive hoxe unha xornada de folga que afecta desde o servizo de medicina de familia á pediatría, odontoloxía e as técnicas e técnicos sanitarios. A convocatoria decidiuna a Asemblea de Áreas Sanitarias que reclaman melloras laborais, un aumento de recursos económicos e de persoal ao mesmo tempo que unha maior capacidade de decisión da Atención Primaria. Ás 12 horas do mediodía, arrancaba a manifestación da Atención Primaria dende San Caetano ata a Consellería de Sanidade.
O cadro de persoal sitúa o seguimento da folga entre o 50 e 95%, dependendo das áreas sanitarias, mentres que a Xunta o reduce a unha media do 21,15%. Na redes sociais tamén se fai constar o apoio á folga.
No Centro de Saúde de #Cuntis a incidencia da folga da Atención Primaria é ABSOLUTA. Vimos de alí, de expresar o apoio de @Vecinhanza a esta convocatoria e aos/ás profesionais da Sanidade Pública que loitan por unha Atención Primaria digna!
— Santi (@santimlz) 19 de xuño de 2019
Hoxe volvemos berrarlle a quen queira escoitar. #PrimariaDigna #NonÁPrecariedade pic.twitter.com/9PbXZ8VVk3
— Birgisdóttir. (@LaBirgisdottir) 19 de xuño de 2019
Diálogo hoxe no centro de saúde do Grove entre dous pacientes:
– Hoxe os médicos están en folga.
– Bastante aguantaron.#primariadigna— Xurxo Filgueira (@XurxoFilgueira) 19 de xuño de 2019
O centro de saúde de #AsPontes tamén se suma á Xornada de #Folga na Atención Primaria. Hoxe, totalmente baleiro, so servizos mínimos.
Por Unha #PrimariaDigna: máis tempo por paciente, máis medios, mellores condicións laborais. pic.twitter.com/GUDKdF6UAn
— María Chao (@maria_chao_mart) 19 de xuño de 2019
Como chegamos a esta folga?
A Coordinadora Galega de Atención Primaria, xunto cos sindicatos, desconvocaran a folga en abril logo de que a Xunta aceptase a creación dun Consello Técnico que ía avaliar as demandas do sector. Pouco despois, xurdiron as primeiras voces que chamaron á recuperación da convocatoria de folga e así sucedeu na área sanitaria de Vigo. Hoxe, toda a Atención Primaria volve estar chamada á folga.