Home Programas Espazo Aberto Xornada cultural en Salvaterra con espazo para a “ternura dos povos”

Xornada cultural en Salvaterra con espazo para a “ternura dos povos”

0
Xornada cultural en Salvaterra con espazo para a “ternura dos povos”

O voceiro da Fronte popular de liberación de Palestina para Europa, Fayez Badawi, será unha das persoas convidadas á mesa das ideas “Internacionalismo, ternura dos povos. Badawi naceu no exilio, nun campo de refuxiados en Beirut Leste e sufriu a represión israelí especialmente nos anos 80.

Participarán tamén na mesa o xornalista portugués Bruno Carvalho, a eurodeputada do BNG Ana Miranda e Olaia Chavez, voceira de Mar de Lumes. Ademais desta mesa, pola mañá haberá espazo para o deporte cun torneo de fútbol gaélico e unha travesía de embarcacións tradicionais.

 

Tras o xantar será o espazo para a parte central que da nome ao festival: os recitais poético-musicais de As Tres Nebrosas, Cinta Adhesiva e Malvares de Moscoso. Á tardiña e pola noite haberá concertos de Sés, Dios Ke Te Crew e De Ninghures, entre outros.