Na Praza Roxa, como parte das actividades de Nadal, teñen lugar xogos tradicionais tales como a mariola, a chave ou o tres en raia. O presidente da Asociación Xogos tradicionais de Compostela, Mario Rodríguez, explica que este tipo de inicativas son necesarias para non esquecer o noso patrimonio lúdico.
Hoxe conversamos con Mario Rodríguez (Asociación Xogos tradicionais de Compostela) https://t.co/AJ06SI9b8Z Xogos tradicionais na Praza Roxa pic.twitter.com/tDPJul2eL7
— Nós Televisión (@NosTelevision) 29 decembro 2016
As actividades desenvolveranse ao longo de toda a semana, en horario de 11:00 a 14:00h.