Xogos e lingua galega no Territorio Xogantín ata o 1 de setembro

"Devolvémoslle a rúas ás nosas crianzas para que poidan xogar nelas"

Soco García, Técnica munipal de lingua e María Rozas, alcaldesa en funcións

Voltar a xogar na rúa, a interactuar nenas e nenos entre eles e con adultos empregando a lingua galega é a motivación da actividade A rúa é nosa! Territorio Xogantín que puxo en marcha o concello de Santiago pasado 31 de xullo.

O galego volve á rúa

Hoxe visitou a actividade a alcaldesa en funcións, María Rozas.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

María Rozas: “Queremos que as nosas crianzas socialicen en galego e que poidan xogar nos espazos públicos”

No Territorio Xogantín as actividades son múltples e diferentes en cada xornada como explica Xiao un dos monitores da mesma.

Os nenos e nenas participantes agradecen a posibilidade de poder gañar espazos para o xogo, aprender a divertirse á maneira tradicional e mesmo a poder empregar o galego con liberdade.

A actividade está dirixida a nenos e nenas de 6 a 10 anos e para participar non se require inscrición previa, tan só é preciso presentarse no punto de encontro, que estará situado na praza 8 de Marzo, A rúa é nosa! Territorio Xogantín desenvolverase ata o 1 de setembro, de 11:30 a 13:30 horas.

https://nostelevision.gal/rua-para-nenas-e-nenos-chega-territorio-xogantin/

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -