Home Programas Espazo Aberto “Xogámonos o máis importante que temos: o dereito á saúde”

“Xogámonos o máis importante que temos: o dereito á saúde”

0
“Xogámonos o máis importante que temos: o dereito á saúde”

A plataforma SOS Sanidade Pública convoca un manifestación en Compostela para o próximo domingo. A manifestación partirá ás 12h da Alameda, baixo o lema “os recortes matan“.

As folgas nos PAc, nas urxencias do Chus, dimision das xefaturas de atención primaria, paros semanais nos centros de saúde e ahora tamén o sector das ambulancias. A Sanidade Pública está en perigo, e dende a plataforma piden á poboación que se involucre nunha loita que tamén e súa e que “está enriba de calquera ideoloxía política“, como comenta o seu voceiro, Manuel Martín.

Exisen recuperar o perdido con recortes dde persoal, camas e orzamentos; acabar coa marxinación da atención primaria e coas Estruturas de Xestión Integrada (EOXIs);  recuperar as Áreas Sanitarias e os Hospitais Comarcais; dotar adecuadamente os PAC e os Servizos de Urxencias Hospitalarios; e como non, acabar coa precariedade laboral e coa privatización de servizos.