Xoaquín Fernández Leiceaga, voceiro do PSdG no Parlamento, fixo hoxe unha valoración no Parlamento de Galicia sobre a nova situación política que comeza tras os resultados do 26 de maio. Leiceaga asegura que esta nova situación ten que traer unha nova etapa ao Parlamento. “O Partido Popular carece de axenda reformista”, di o voceiro do PSdG no Pazo do Hórreo, e engade que este grupo político ten paralizados diversos temas: “O Parlamento debería ser o lugar no que se fale do futuro da sanidade, pero o PP non permite que haxa melloras”.  O socialista tamén ve no BNG “un socio privilexiado” para pactar tras as eleccións municipais.

De cara ás autonómicas, Xoaquín Leiceaga asegura a vitoria do PSOE: “Que Feijoo encabece o seu partido ou non é asunto do Partido Popular. Nós cremos que imos gañar independentemente de quen lidere o PP”. Leiceaga tamén explica que hai un cambio na demanda da sociedade: “as forzas da oposición son maioritarias, a xente quere un cambio e nós podemos encabezalo”.

- Publicidade -