Home Programas Espazo Aberto Xoaquín Fernández Leiceaga, candidato socialista ao Senado

Xoaquín Fernández Leiceaga, candidato socialista ao Senado

0
Xoaquín Fernández Leiceaga, candidato socialista ao Senado

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, anunciou este martes a proposta de  Xoaquín Fernández Leiceaga como senador por designación autonómica. A partires do seu nomeamento, que terá lugar no pleno da vindeira semana, Gonzalo Caballero avanzou que Leiceaga asumirá a coordinación da Interparlamentaria do PSdeG, establecéndose como ponte de contacto entre os deputados e senadores galegos en Madrid, os parlamentarios autonómicos e o eurodeputado.

Pola súa banda, o presidente do partido en Galicia agradeceu a confianza depositada nel e garantiu que “o meu empeño fundamental vai ser seguir contribuíndo ao cambio político en Galicia”.