Home Programas Espazo Aberto Xoán Hermida: “Podemos e En Marea quizais non sobrevivan ao cambio”

Xoán Hermida: “Podemos e En Marea quizais non sobrevivan ao cambio”

0
Xoán Hermida: “Podemos e En Marea quizais non sobrevivan ao cambio”

Estes días chegaba ás librarías galegas un libro, froito dunha tese de doutoramento, que trata de poñer luz nos cambios politicos que se deron no noso país e no Estado español nos últimos anos. Baixo o suxerente título de “Galicia no labirinto da nova política. De Nunca Máis ás Mareas”, Xoán Hermida Gonzalez explica a súa análise a Nós Televisión.

Hermida pensa que estas mudanzas aínda continúan e que poden dar moitas sorpresas no actual panorama político. Dentro dese futuro fala de En Marea, a formación pola que se presentou nas pasadas eleccións do ano 2016 ao Parlamento galego.

Xoán Hermida ten participado publicada varias obras de análise da realidade política galega e na actualidade dirixe o Foro OBenComún de pensamento crítico e participa da Marea Pontevedra.