A Sede de Afundación de Santiago acolleu o XIV Simposio “O libro e a lectura. O libro ilustrado: outra forma de ler?”, organizado pola Concellaría de Educación e Cidadanía e a Asociación Galega de Editores (AGE), coa colaboración da Asociación de Autores e Editores de Libros, Revistas, Periódicos e Partitura (CEDRO) e a Deputación da Coruña. Neste encontro debateuse a importancia do libro ilustrado e a ilustración como ferramentas de animación e fomento da lectura entre os nenos e nenas. O Simposio bateu cifras de participantes en comparación a outras edicións. O vicepresidente de AGE, Henrique Alvarellos, explicou a expansión que ten hoxe en día outras formas de ler como é a partir da ilustración.
Unha das conferencias tratou de “Os álbums que contan o mundo”, impartida por Ana Garralón, crítica e especialista en libro informativo e Premio Nacional de Fomento da Lectura en 2016. Ela mesma sinalou a Nós Televisión que os libros ilustrados están sobrevalorados mais tamén moi estandarizados. Como especialista en literatura infantil e xuvenil cre que os libros tamén se defenden ben da presenza dos dispositivos móbiles.
O simposio rematou coa mesa redonda “Olladas ilustradas”, con Xosé Cobas, Ester García e Calros Silvar e a conferencia de Teresa Durán, escritora e ilustradora, que tratou de “Os tres fillos do tsar. A lectura da imaxe, hoxe”.