Home Programas Área Compostela Xiao Varela sobre o concurso da compra de pisos: “É evidente que o proceso saiu mal”

Xiao Varela sobre o concurso da compra de pisos: “É evidente que o proceso saiu mal”

0
Xiao Varela sobre o concurso da compra de pisos: “É evidente que o proceso saiu mal”

Grande espectación hoxe no concello da Coruña para escoitar ao concelleiro de Rexeneración Urbana, Xiao Varela, sobre a petición de dimisión realizada polos grupos municipais do PP e o PSOE.

Logo de que o Consultivo considerara nula a compra de dous pisos para alugueiro social na cidade e de que dimitira a xefa do Servizo de Vivenda e Rehabilitación do Concello da Coruña, Natalia Codesal, todos os focos estaban nas posibles declaracións que realizaría ao edil de Marea Atlántica.

“O alcalde sábeo, ten o meu cargo a disposición constantemente”, asegurou a preguntas da prensa para de seguido descartar presentar a súa dimisión. Varela explicou que o sucedido foi como consecuencia de “erros técnicos” e sinlou que agora ten a “responsabilidade” de “seguir traballando para que este concurso teñ aplena seguridade xurídica”.

PP e PSOE seguen a pedir a súa dimisións

Tamén hoxe houbo reaccións por parte dos grupos municipais de PP e PSOE na Coruña. Ambos coincidiron en pedir outra vez a dimisión do concelleiro de Rexeneración Urbana. A portavoz municipal do PP, Rosa Gallego, anunciou que agardarán ao pleno extraordinario que solicitaron.

Polo seu lado o concelleiro socialista José Manuel Dapena denunciou que lles faltaban datos sobre os gastos de notario ou rexistro pola compra dos pisos.

O BNG, a través da súa responsable Avia Veira, instou ao goberno municipal a estar “á altura do seu discurso político” e pediu a “asunción de responsabilidades, de ética, de acción de contas e agora é cando hai que demostrar a coherencia no discurso”.

Apoio unánime da Marea Atlántica a Xiao Varela e Alberto Lema

Xiao Varela e Alberto Lema, sinalados pola oposición como responsables do concurso de vivenda social, puxeran o seu cargo a disposición da Rede da Marea Atlántica. A resposta desta foi de total apoio aos edis do goberno municipal.

Nunha nota de prensa sinalan que “Varela e Lema renderon contas ante a Rede, como xa fixo o primeiro diante dos medios de comunicación e ante a oposición, e explicaron ao detalle a iniciativa do concurso público, os erros humanos que se produciron na valoración das vivendas, e os pasos que está a dar o goberno municipal para asumilos e corrixilos”.

Explican que “nin Xiao Varela nin Alberto Lema interviron de ningún xeito no proceso técnico e independente” e engaden que “o propio persoal funcionario encargado da valoración dos pisos emitiu no seu día un comunicado defendendo o seu traballo e negando que existiran inxerencias políticas”, algo que valoran como “un xesto tan honesto como pouco habitual”.