Home Programas Área Compostela Xiao Varela: “A demolición do viaduto da Ronda de Nelle transformará a cidade”

Xiao Varela: “A demolición do viaduto da Ronda de Nelle transformará a cidade”

0
Xiao Varela: “A demolición do viaduto da Ronda de Nelle transformará a cidade”

A Ronda de Nelle mudará en pouco tempo o seu aspecto actual. O concelleiro de Rexeneración urbana da Coruña, Xiao Varela, explica a Nós Televisión a importancia que ten para a cidade o proxecto de reurbanización e humanización que terá un período de execución de 12 meses e un orzamento de licitación de 1,2 millóns de euros.

No proxecto manteríanse os catro carrís ao que se lle engadiría, a maiores, un carril bici. Ampliaríanse as beirarrúase habilitaríase un novo paso de peóns. Para o concelleiro este proxecto encaixa á perfección na idea de queo peón sexa o protagonista.

Unha parte deste orzamento, ata o 40%, iría para a propia demolición do viaduto existente na actualidade. Xiao Varela salienta a importancia simbólica desta obra, unha demanda histórica da veciñanza da zona.