Home Programas Área Compostela Xiao Varela: “A Autoridade Portuaria é un chiringuito do Partido Popular”

Xiao Varela: “A Autoridade Portuaria é un chiringuito do Partido Popular”

0
Xiao Varela: “A Autoridade Portuaria é un chiringuito do Partido Popular”

O Presidente da Autoridade Portuaria negouse a debater e votar a Proposta de Acordo do Concello na Coruña na xuntanza realizada na tarde de onte. O edil Xiao Varela lamentou que “o PP empregue a Autoridade Portuaria como un chiringuito máis para facerlle oposición aos grandes proxectos da cidade”.

Deste xeito, o concelleiro de Rexeneración Urbana abandonou o órgano de dirección do Porto logo de que o seu presidente bloquease o debate e a votación da proposta de resolución presentada polo Concello. O consello de administración de onte foi convocado tras a solicitude de Varela, representante neste órgano do Concello da Coruña, de incluír na orde do día o debate sobre a posibilidade de demandar ao goberno central a condonación da débeda do porto.

O concelleiro e membro da Marea Atlántica plantexaba coa Proposta de Acordo a solicitude de condonación da débeda do porto exterior de Punta Langosteira e forzar unha retirada dos acordos con Fomento, Puertos del Estado e Xunta de Galicia ao que a Autoridade Portuaria se negou.

Concurso de Ideas

Seguiremos traballando en todos e cada un dos foros posibles

Deste xeito, o propio Varela certificou que o goberno da Coruña segue adiante coa idea do Concurso de Ideas sobre os terreos portuarios abertos á participación de todas as administracións. “Temos en marcha un ambicioso concurso de ideas, no que pretendemos que participen todas as administracións, que busca concretar as posibilidades que nos ofrece esa gran bolsa de terreos coa que non queremos que se especule”, recordou ademais o edil.